Iniciada a prospección do subsuelo para eliminar o talude do tren en Oza-Cesuras

Os traballos de prospección do talude sobre o que se asenta a liña férrea A Coruña-Palencia ao seu paso polo Castiñeiro en Oza-Cesuras comezaron onte. Esta actuación é previa á eliminación do talude que fai máis de cen anos divide o núcleo urbano de Oza. Unha máquina barrenadora perfora o terreo, que está a máis de vinte metros, a ambos os dous lados da ponte do ferrocarril, co que no seu día se salvou a estrada AC-840.

Con esta prospección sácanse as mostras para coñecer que clase de terreo é o talude e poder determinar despois a mellor forma de eliminalo. Cos datos obtidos redactarase o proxecto e a construción do paso baixo a vía, que será unha rúa de dúas direccións con beirarrúas a cada lado.

A eliminación do talude foi unha das promesas da fusión dos concellos que se produciu hai máis de 5 anos.  Actualmente o servizo de tren a Oza-Cesuras redúcese a 2 ao día, un de ida e outro de volta á Coruña.

Advertisements