As amas de casa de Miño doan á Cociña Económica doces feitos coa froita do xardín do Pazo de Mariñán

A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Miño doan á Cociña Económica máis de douscentos botes de compota de mazá, case corenta de doce de marmelo e varias tortas elaboradas coas froitas do xardín do pazo de Mariñán. O colectivo dedicou horas e horas de traballo a recolectar as mazás deste singular xardín e a preparar os doces cos que pretenden encher as despensas da entidade benéfica.

A iniciativa partiu da propia asociación de amas de casa, que solicitou permiso á Deputación, propietaria do pazo, para realizar esta colleita solidaria.

Advertisements