Miño aprobou onte no pleno as primeiras medidas do plan económico financieiro

O goberno local de Miño nun Pleno. En primeio plano o alcalde, de MPA, e ao fondo o grupo municipal do PP

Miño aprobou onte no pleno as primeiras medidas do plan económico financieiro para intentar asumir parte da súa desorbitada débeda: subida da taxa de lixo un 15% e aumento do IBI urbana do 0,50 ao 0,60 en 2018. O Goberno local enmendou a súa propia proposta durante a sesión para aprazar ata 2019 o incremento ao 0,80 do IBI para inmuebles de alto valor catastral (almacéns, garaxes e solares que superen os 200.000 euros; locais comerciais e industriais cun valor catastral superior aos 250.000 euros e os de lecer e hostelería de máis de 600.0000).

O Executivo argumentou que Facenda comunicara que ía a recaudar máis dos 500.000 euros previstos no plan económico financeiro pola revisión catastral, o que permitiría pagar a cota do préstamo de 12,5 millóns en 2018 sen necesidade de aplicar esta subida. O PSOE votou en contra, recordou que a interventora xa tachara de insuficientes as medidas previstas para facer fronte á débeda e, á saída do pleno, criticou ao Executivo por distinguir entre “veciños de primeira e segunda”.

A sesión deu pé a un novo enfrontamento entre o Executivo local e o PSOE polas medidas para afrontar a débeda. O Goberno local botou en cara aos socialistas que votasen en contra das medidas para garantir os pagos do préstamo e o PSOE afeoulles que “cargasen todo o peso” sobre os veciños e se negasen a rebaixar os seus soldos.

A sesión, por momentos rifa, tamén deixou en evidencia a falta total de sintonía entre o Executivo e os expropiados de Fadesa, que comezaron a cobrar a débeda principal (12,5 millóns) tras máis de dez anos de xuizos (aínda queda por pagar máis dun millón de euros de principal).

O Goberno local, que ao comezo do mandato anunciara a súa intención de negociar unha quita dos intereses, pechou onte a porta a calquera tipo de acordo. “O Concello non vai asumir os intereses”, sentenciou o alcalde, Ricardo Sánchez, que invitou aos expropiados a reclamalos vía xudicial pese a que teñen recoñecido por sentenza o dereito a cobrar os intereses, como lles recordou o PSOE.

Aprobouse por unanimidade reclamar á Xunta que declare as marismas do río Baxoi Espazo Natural de Interese Local (ENIL ). O alcalde, Ricardo Sánchez, espera que os trámites estean culminados en dous anos. O PSOE instou tamén a reclamar un emisario da EDAR para afastar os vertidos das marismas e o Executivo asegurou que elabora un proxecto.

O pleno rexeitou onte a ordenanza de terrazas. A normativa, que xa quedara sobre a mesa en decembro, foi tombada onte polo PSOE tras forzar a abstención de dous edís do PP con negocios hosteleros, entre eles, o exalcalde, Jesús Veiga.

O Goberno local recoñeceu  que se expón a unha reclamación de 300.000 euros da empresa que prestaba o servizo de recollida de lixo en Costa Miño. O alcalde, Ricardo Sánchez, cuestionó que a empresa puidese aportar documentos que xustificasen o seu reclamación e vaticinou que o caso acabará nos xulgados.

O pleno aprobou tamén a RPT. O PSOE abstívose por falta de datos sobre o seu impacto económico.

Advertisements