O portavoz do PP de Sada e ex-alcalde, Ernesto Anido, acude a declarar polos contratos do arquitecto

Ernesto Anido entrando ao Pazo de Xustiza betanceiro

O portavoz do PP de Sada e ex-alcalde, Ernesto Anido, deberá declarar hoxe como investigado polos sucesivos contratos a un arquitecto que traballara anteriormente para o seu promotora. A investigación parte dunha denuncia do PDSP ante Fiscalía, que viu indicios dun posible delito e presentou querella no xulgado. O popular xa prestara declaración por este caso e solicitou sen éxito que se recortase a instrución do proceso (unha petición que foi rexeitada pola Audiencia Provincial).

O Xulgado de Instrución número 1 de Betanzos citou a declarar nuevamente a Ernesto Anido tras solicitar ao Concello de Sada toda a información relativa aos contratos adxudicados ao arquitecto Javier Corredoira. O pasado mes de xuño, o Partido Demócrata Sada Popular remitiu aos medios a documentación aportada polo Concello ao xulgado. O PDSP denunciou entón que o expediente probaba que o profesional contratado como asesor urbanístico por Ernesto Anido había resultado adjudicatario ademais de todos os contratos negociados sen publicidade aos que foi invitado. Segundo a información facilitada polo PDSP, o exalcalde invitou ao arquitecto a participar en ata quince procedementos negociados.

Pendente de xuízo oral

O exalcalde de Sada enfróntase tamén a cargos por un posible delito de prevaricación administrativa na contratación da coordinadora. O caso está pendente da apertura de xuízo oral.

Advertisements