Tres persoas feridas ao chocar o seu coche cun bus escolar en Abegondo

Ao lugar do sinistro acudiu unha dotación dos bombeiros de Betanzos

Tres persoas resultaron feridas na mañá de onte logo de colisionar o turismo no que viaxaban contra un autobús escolar na zona de Cerneda, no concello de Abegondo. No autobús viaxaban uns trinta rapaces, de idades entre os 12 e 16 anos, pero todos saíron ilesos, segundo o 112 Galicia. Os tres feridos foron trasladados ao hospital coruñés San Rafael.

O condutor do autobús foi quen, pouco antes das 09.00 horas, alertou ao 112 Galicia e indicou que acababa de chocar contra un turismo en Cerneda, na estrada de Abegondo a Viós, e que outro autobús xa estaba no punto para recoller aos nenos e levalos ao seu destino. Tras recibir a chamada, o 112 alertó ao 061 e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se avisou aos bombeiros de Betanzos e á Policía Local. Os bombeiros indicaron que non foi necesario excarcelar, aínda que axudaron a evacuar aos feridos.

Advertisements