Anido declarou polos contratos ao arquitecto e afirmou que «será a Xustiza a que se pronuncie»

Ernesto Anido entrando ao Pazo de Xustiza betanceiro

«Non vou facer xuízos de valor, será a Xustiza a que se pronuncie», foi o que dixo onte Ernesto Anido, o que segue sendo portavoz municipal do PP en Sada e ex-alcalde, tras declarar nos xulgados de Betanzos na causa aberta por adxudicar 15 procedementos negociados a un arquitecto que traballara para as súas empresas.

Anido asegurou que ese tipo de procedementos de contrataciones son legais, que optou por ese arquitecto porque «era o triplo máis barato» que outros profesionais e porque, segundo relatou, os técnicos municipais non executaban os proxectos. Aínda que este caso está en fase de instrución, o que está pendente da apertura de xuízo oral é a acusación a Anido dun delito continuado de prevaricación por «amañar» a contratación de Belia Vellón como coordinadora municipal, que tamén está imputada.

O ex-alcalde segue sendo portavoz do Partido Popular en Sada pese a ter sido dado de baixa da súa afiliación no Partido polos diferentes procesos por prevaricación que ten pendentes de resolución.

Advertisements