Manuel Miragaia presenta en Biblos o seu novo libro

O escritor Manuel Miragaia Doldán presenta hoxe, na Librería Biblos de Betanzos, o seu novo libro Galeguia. O acto comezará ás 20.00 horas. Trátase dun libro poético, no que o autor pretende dar a coñecer as relacións históricas entre Galicia e Portugal así como as utopías que rodean o movemento cultural e político do galeguismo. Ademais, Miragaia trata temas nunca antes abordados na poesía e literatura galegas.

Advertisements