Este sábado arrinca no Liceo o IX Ciclo de Teatro en Familia

Este sábado 9, ás 18:00 h na Aula de Cultura do Edificio Arquivo terá lugar a representación teatral da obra “Rubicundo” interpretada pola compañía Ghazafelhos, no IX Ciclo de Teatro en Familia organizado polo Concello de Betanzos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

O ciclo continuará o vindeiro sábado 16, á mesma hora e no mesmo lugar con Pum Pum, da compañía
Baobab Teatro e rematará o 23 coa Danza da Choiva da compañía Elefante Elegante. A entrada é gratis.

Advertisements