A Taberna Escondida gaña a Semana do Pincho

O executivo pretende explotar ao máximo o formato da semana da tortilla

A Taberna Escondida gañou o premio da Semana do Pincho na cata celebrada na mañá de onte no Salón Azul do Edificio Arquivo. A receita gañadora está composta de bacallau con crema de queixo San Simón, aceite de améndoa e xelatina de grelos. A elaboración impúxose ás presentadas polos outros catro finalistas, Onze, Bos Aires, Casa do Queixo e Mesón O Progreso.

Algún deles aínda pode ser o gañador do premio popular ao mellor pincho, que levará calquera dos establecementos participantes se suma a maioría dos votos que os clientes introduciron nas urnas situadas nos propios establecementos tras tomar cinco pinchos diferentes e selar o boleto. Participarán, ademais, no sorteo de  tres vales de compra por valor de 100 euros nos comercios asociados a Acebe.

Premio nas redes sociais

Aínda que non marida precisamente ben con boa parte destas elaboracións, aínda hai en marcha outro concurso que consiste en subir as fotografías dos pinchos cun refresco de Coca-cola ao Twitter ou Facebook de “Betanzos tan Cerca”co hashtag #PinchoBetanzos. Todas as fotografías que se reciban entrarán no sorteo dun lote de produtos desta marca de bebidas.

Advertisements