Afectadas de endometriose piden o apoio do Concello betanceiro
Representantes do goberno local mantiveron un encontro cunha delegación da Asociación de Endometriose. As voceiras da entidade demandaron o apoio do Concello betanceiro na difusión desta afección crónica, que se produce polo crecemento do endometrio fóra da matriz e que chega a tardar en diagnosticarse ata dez anos. Foron recibidas pola delegada de Servizos Sociais.
Advertisements