Matilda Silva gaña o concurso de carteis de Nadal

Cartel gañador do concurso de 2017, de Matilda Silva

Matilda Silva Sánchez, de 5ºE do CEIP Vales Villamarín, fíxose co primeiro premio do concurso de carteis de Nadal que organiza o Concello. A súa obra ilustra xa a programación dos festexos de Nadal, Aninovo e Reis deseñada polo executivo local. Os Reis Magos a carón da fonte de Diana son o motivo do deseño, onde agasallos como a saúde comparten protagonismo cos xoguetes.

Advertisements