O goberno local de Miño vota contra unha moción que pedía melloras de accesibilidade

O goberno local de Miño nun Pleno. En primeio plano o alcalde, de MPA, e ao fondo o grupo municipal do PP

PP e MPA uniron os seus votos en Miño para tumbar unha moción do PSOE na que se pedía “acometer o máis axiña posible a adaptación de beirarrúas, pasos de peóns , edificios, parques e paseos públicos” e “fomentar a adaptación dos inmobles de titularidade privada mediante axudas e exencións” para facelos accesibles ás persoas con problemas de mobilidade.

O alcalde pretextou que o texto da moción presentaba “deficiencias” que “facían imposible que puidésemos aprobala”. Oroza asegura que o goberno xa executa obras de mellora da accesibilidade, pero o PSOE cuestiona que o alcalde insista na “absurda actitude de oposición á oposición”.

A sesión plenaria serviu tamén para aprobar as obras que Miño presenta ao plan de obras da Deputación.

Advertisements