O borrador do PXOM de Bergondo en tramite de avaliación ambiental na Xunta

Alejandra Pérez (PSOE) é a alcaldesa de Bergondo

O Concello de Bergondo deu o primeiro paso para a aprobación do borrador do plan xeral. A Xunta recibiu o documento urbanístico, que somete actualmente ao trámite de avaliación ambiental estratéxica. Trátase do primeiro trámite, un paso previo á elevación a pleno do PXOM para a súa aprobación inicial.

As persoas interesadas poden consultar o borrador do documento e presentar as suxestións que consideren na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Territorio no seguinte enlace: http://cmaot.xunta.gal/en-curso. O prazo para presentar estas achegas remata o vindeiro 19 de marzo.

Advertisements