Unha moza ferida grave nun accidente na Ponte do Porco

Os bombeiros de Betanzos tiveron que intervir no accidente

Unha moza sufriu feridas de pronóstico grave nunha colisión frontal que tivo lugar sobre as cinco da tarde na N-651, na Ponte do Porco, en Paderne. Outras tres persoas resultaron con feridas leves.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Betanzos e o 061, que rescataron á moza do automóbil tras inmobilizala. A Garda Civil regulou o tráfico, xa que se produciron retencións na vía.

Advertisements