O Betanzos remóntalle ao Outeiro de Rei e ponse a catro do descenso

Costa abaixo comezou o partido deste domingo para o Betanzos C.F., que xa perdia por cero a dous no García Irmáns cando apenas ían 15 minutos de xogo ante o Outeiro de Rei. Os lucenses saíron crechos e ben plantados ao terreo de xogo e semellaba que o colista ía sumar tres puntos a costa dun equipo que pugna por acomodarse na zona morna da táboa. Conforme pasaron os minutos, os locais foron entrando no partido, ao punto de cortar varias ocasións claras dos visitantes e iniciar a remontada antes de pasar polo vestiario.

Pablo fixo un hat trick, esperando aos dez minutos finais para darlle volta ao marcador, primeiro coa igualada no 81 e despois co definitivo 3-2 cando os lucenses xa non tiñan tempo para reaxir.

O resultado permite aos betanceiros poñer catro puntos de distancia aos postos de descenso directo, marchando de 15 con 25 puntos. A vindeira semana visitarán ao Estudiantil, que suma 29 puntos e marcha noveno.

Advertisements