O goberno local nomeará fillo adoptivo a Roberto Tojeiro o vindeiro día 2

Sede de Gadisa no polígono de Piadela

O presidente-conselleiro delegado de Gadisa, Roberto Tojeiro Rodríguez, será distinguido como “fillo adoptivo” de Betanzos nun acto que terá o próximo día 2 de febreiro, ás 20.00 horas, no edificio Liceo. O goberno local destacou a figura do Roberto Tojeiro como “home de empresa, emprendedor, que fai da creación de emprego a razón da súa tarefa profesional” e agradece o seu compromiso coas institucións, colectivos e cidadáns de Betanzos. O recoñecemento foi aprobado polo pleno da Corporación co voto favorable de PSOE, PP, BN e BeC- o edil electo na candidatura de CxG- e a abstención do BNG.

Advertisements