Polémica entre o PP e o PSOE no acto organizado pola Xunta na Casa da Xuventude a causa do protagonismo nas fotos

Captura de pantalla da “pataleta” de populares e socialistas

O pasado venres a Xunta organizou na Casa da Xuventude a posta de longo do programa polo que, segundo anunciou, investirá medio millón de euros en comprar máis casas no Casco Histórico da nosa cidade. No evento participaron representantes da Xunta- algún, sen relación directa co tema, como a Directora Xeral de Xuventude- e representantes do goberno local, que se desfixeron en loas a un anuncio idéntico ao realizado en 2011 por outros altos cargos do mesmo PP e que, polo de agora, só se está a cumprir en menos dun terzo das vivendas que naquel ano se compraron no que o resto proseguen o seu curso acelerado de ruína.

O voceiro do PP, presente no evento, publicou nas súas redes sociais unha laudatio do que considera un “resultado extraordinario”, “forte compromiso” e “gran noticia”. E o edil de Xuventude e Novas Tecnoloxías, Andrés Hermida, entrou ao trapo protestando por ser eliminados, el e o alcalde, das imaxes que publica o conservador.

Hola, yo estaba allí, y creo que el el Alcalde de Betanzos también estaba allí. Menos mal que las fotos de la Xunta de Galicia no engañan. De todas formas y aunque el portavoz del PP quiera hacer ver que no estamos allí, pues si que estábamos representando a los intereses de los vecinos, como no podía ser de otra manera. Creo que cada uno es libre de publicar lo que estima necesario, pero no creo que sea de un “opositor leal” tergiversar una realidad.

Acostumado a ocupar fotos e fotos nas publicacións da campaña en internet do Concello “Betanzos tan cerca”, á que algún perverso comentario en facebook ten alcuñado como “Andrés hace cosas”, o edil socialista non deixou aí a cousa e volveu á carga en canto o concelleiro do PP lle escribiu que “veo más tu comentario sinceramente Andrés como una “pataleta” y la que considero no es propia de una persona sensata como tú”:

Estimado Jose Ángel, yo también considero que una persona sensata como tú no puede cometer una pataleta como esta, y más cuando tienes un cargo en el que aparte de representar a un partido político representas a un gran calado de vecinos y ciudadanos en general.

Entiendo que intentes excusar tu pataleta pero bueno, un mal día lo tiene cualquiera.

Ah, y aunque a ti te pese, Ramón García también es tu alcalde y el de todos los vecinos. Eso es lo que nos distingue.

Parece que a discrepancia entre o goberno local do PSOE e o principal partido da oposición está máis centrada nas fotos e na imaxe de precampaña que en reclamar a rehabilitación das vivendas que a Xunta ten a caer no Casco Histórico de Betanzos desde hai practicamente 8 anos. Foi o BNG o único grupo que ata o momento criticou este proceder e insistiu en que sería máis sensato rehabilitar as que xa ten a caer en lugar de mercar vivendas novas.

Hermida confúndese de “calado”

“Aparte de representar a un partido político representas a un gran calado de vecinos” dille Andrés Hermida ao voceiro do PP para recriminarlle que saque das fotos aos representantes do goberno local. Ningunha das acepcións que o Diccionario da Real Academia Española- idioma que emprega Hermida na súa admonición- dá á palabra “calado” é apropiada para ese uso. A que máis se lle aproxima é a que serve para dar idea da importancia de algo. Porque é de supoñer que non era unha ameaza encuberta falando da “profundidad que alcanza en el agua la parte sumergida de un barco”. Ás veces os inoportunos e vanos alardes de erudición xogan malas pasadas.

Advertisements