“Sadódromo” polo entroido en Sada o día 11

Máscara de entroido realizada no obradoiro de Sargadelos

A avenida  da Mariña de Sada será o “sambódromo” o día 11 de febreiro e, con esta intención, ultima a organización  de actividades “para todos os públicos” que segundo as previsións do goberno local atraerá centos de visitantes de toda a área da Coruña. O “Sadódromo” é a gran aposta da Concellería de Cultura para o Entroidode 2018. Un gran desfile de comparsas e carrozas -igual ao que se ven celebrando hai anos en moitos outros concellos galegos- que se desenvolverá o domingo de Entroido, pola avenida da Mariña de 17.00 a 21.00.

Un clásico tamén incluirá novidades nos premios, especialmente “suculentos” este ano, desde ordenadores portátiles, cámaras digitales GoPRO, Convertible HP, vales de 1.000 euros para unha viaxe en grupo, un vale para unha cea ou estancias nunha casa de Turismo Rural de Galicia.

En canto ás carrozas, os tres primeiros premios serán en metálico, de 1.000 euros, 500 e 300. A programación comezará o sábado 10 sobre as 17:00 horas cunha festa infantil con hinchables e actividades ata os 14 anos, avanzaron desde o goberno local .

Filloeira de Lestedo
Ademais, a Concellería de Educación de Sada prepara actividades de conciliación para o luns 12 e o mércores 14. Un taller lúdico que se desenvolverá no CEIP Pedro Barrié da Maza. E xa pola noite chegará a música en directo de mans da orquesta Grupo DModa ás 22:00.

O Martes de Carnaval haberá un taller de repostería saudable para nenos e adultos de 11:00 a 13:00 horas e, sobre as 17.00 dará comezo a esperada Festa da Filloa no seu trixésimo terceira edición coa Fiolleira de Lestedo e a animación de distintas agrupaciones musicais de Sada. As celebracións pecharanse o mércores co Enterro da Sardiña de Sada, que comezará ás 20.30 con queima da sardina, un espectáculo pirotécnico e a posterior animación musical da man da Charanga Noroeste.

Advertisements