Celebracións de entroido na comarca. Axenda para non perderse nada.

Máscara de entroido realizada no obradoiro de Sargadelos

PADERNE. O concello de Paderne organiza unha festa de entroido o mércores 14 a partir das 20:30 h. coa colaboración do alumnado de música da UNED. Ademais en Samede -Santa María de Vigo- celebrarase o domingo 18 a festa de recuperación do entroido tradicional.

MIÑO. Organiza as súas festas de entroido nunha carpa no Rabazal. O sábado 10 de febreiro a partir das 20:30 h. desfile de disfraces con pasarrúas a cargo de Retumbake percusión. A partir das 21:30 h. comezará a churrascada, cun menú a 10 euros e a partir das 22 h a verbena coa orquestra Nevada. Ao día seguinte, o domingo 11 de 17 a 20 terá lugar a festa infantil de entroido con animación musical con bailes e coreografías, desfile, Inchables, obradoiros de figuriñas de fotocol e de caretas.

BERGONDO. Celebrará a súa festa o Sábado, 17 de febreiro, na Senra. A partir das 17:30 horas con festa infantil e obradoiros e xa pola noite ás 21:00 horas  coa orquestra Televisión. Ademais a partir das 20:00 horas haberá degustación de orellas. E concursos gastronómicos e de concurso de disfraces.

IRIXOA. O día 12 de febreiro a partir das 18:00 horas festival infantil de Entroido no polideportivo Municipal con inchables, xogos, obradoiros, animación e concurso de disfraces con premios para individual e grupos. A partir das 23:00 horas no Campo da Festa de Irixoa “X Festa da Xuventude” amenizada pola orquestra “La Nueva favorita” e discoteca móbil DJ Martín, con concurso de disfraces e premios para individual, parellas e grupos.

ARANGA. A festa de entroido en Aranga celebrarase no polideportivo da Castellana o 17 de febreiro. Ás 12 da mañá abrirase a exposición de artesanía. Á 13 h. sesión vermú coa animación das Patuleiriñas de Aranga. Ás 14:30 xantar e actuación da charanga DGT, festa para os nenos e nenas con inchables, concurso de filloas e de orellas. Para apuntarse hai que porse en contacto con calquera das asoacións de veciños que forman parte da Federación Veciñal de Aranga “Fragas do Mandeo”, antes do 12 de febreiro.

COIRÓS. O martes 13 de febreiro terá lugar no polideportivo municipal a festa de Entroido dirixida a toda a familia. A cita será a partir das 17 horas, con inchables e un grupo musical. Haberá tamén merenda para os mais pequenos, concurso de disfraces infantil e adultos, concurso de postres típicos do Entroido, e regalos.

OZA-CESURAS. A cita será tamén o martes de entroido ás 17 no polideportivo municipal do Loureiro en Salto. Con desfile, xogos, inchables e rincóns temáticos para os pequenos, merenda para os asistentes e a actuación do grupo musial Compás.

ABEGONDO. A festa será o domingo 11 de febreiro ás 17 h no campo da feira e no pavillón polideportivo con concursos de disfraces e a actuación de Carlos Manteiga.

SADA. O Concello de Sada ten unha programación para todos os días do entroido do sábado ata o mércores que podedes consultar neste artigo: https://xornaldebetanzos.wordpress.com/2018/02/01/sadodromo-polo-entroido-en-sada-o-dia-11/

Advertisements