Charla sobre o control da vespa velutina

Centro de servizos sociais de Coirós

O centro social de Coirós acollerá hoxe a partir das 20.00 horas unha charla sobre o control da avispa asiática. O encargado de impartir a conferencia é Lolo Andrade, integrante de Protección Civil de Cambre, que foi invitado polo Concello de Coirós en calidade de experto na vespa velutina. Andrade, que colabora desinteresadamente co municipio na erradicación dos niños de velutina, dará unha serie de consellos para combater esta praga.

Advertisements