O goberno local pretende construír unha rotonda no cruzamento das avenidas Fraga Iribarne e Juan Naveira

Antonio Vázquez é o concelleiro de Urbanismo e Obras

O Goberno local de Betanzos sopesa construír unha nova rotonda no cruce da avenida Fraga Iribarne coa avenida Juan García Naveira. Nun comunicado o Executivo destaca que se trata dunha intersección cunha importante densidad de tráfico pola presenza de numerosos establecementos comerciais e o parque do Pasatiempo. “O Concello considera que a construción desta rotonda melloraría por unha banda a fluidez de tráfico á vez que incrementaría a seguridade” , sostén.

O Concello avanza que ten previsto abordar a mellora da avenida Juan García Naveira nun proxecto no que investirá uns 120.000 euros. O Executivo avanza que prevé ademais mellorar outros dous viales, nos que se executará a pavimentación, a sinalización horizontal e limpeza das cunetas nas vías situadas na zona rural.

Advertisements