Unha viaxe co Dúo Prisma, mañá a partir das 20 h. en Biblos

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

A librería Biblos, no casco histórico de Betanzos, acollerá mañá 16 de febreiro un recital musical de Eva Otero Picado e Joan Haffner. O espectáculo Unha viaxe co Dúo Prisma comezará ás 20.00 horas.

Os asistentes poderán gozar tamén da exposición Musas: as mulleres fatais, de Xosé Luís Mosquera, unha mostra que se inaugurou o pasado 12 de febreiro e que permanecerá aberta ao público ata o 5 de marzo.

Advertisements